Consellos de seguridade
Coma con calquera outro servizo con acceso á túa localización, é importante que uses o sentido común ao interactuar con outras persoas en liña.
- Nunca divulgues o teu contrasinal nin o compartas con terceiros, nin tan sequera cos teus amigos e amigas. Se o teu contrasinal se fai público, pode que a túa información persoal estea en risco. Se alguén accedeu ao teu perfil sen permiso, ponte en contacto co noso equipo a través da páxina de axuda.
- Non lle facilites a ninguén ningún tipo de información persoal ou bancaria, incluídos enderezos de email, domicilio, datos de messenger ou de tarxetas bancarias, páxinas web ou nomes completos no teu perfil.
- Ten moito coidado con persoas que afirman representaren a nosa empresa ou outras empresas e que che soliciten o pagamento ou entrega dun premio ou servizo que non se ofrece directamente no sitio web de Fiesta. Así mesmo, ten coidado con persoas que din estar nunha situación complicada e que necesitan axuda financeira, xa que na maioría de casos trátase de estafas.
- Non escollas un nome de usuario controvertido ou provocador, xa que poderías dar unha impresión equivocada e atraer certa atención indesexada. Por iso, aconsellámosche que uses simplemente o teu nome.
- Se observas algún comportamento que che parece desapropiado, informa ao noso equipo facendo clic na ligazón de denuncia de acoso. Tamén podes bloquear a outros usuarios se fan que te sintas incómodo/a. Non toleres ningún tipo de abuso: bloquea ou denuncia ao usuario e o noso equipo de axuda analizará o problema o máis axiña posíbel. Así mesmo, contamos cun sistema de xestión para controlar e evaluar estes casos de xeito constante.
Máis consellos de seguridade aquí.
Pertencemos á fundación Internet Watch Foundation e apoiamos totalmente o seu labor.
Consellos para encontros na vida real
- Ao parolares con xente nova, pídelles que che envíen fotos recentes, idealmente sacadas un máximo de 4 semanas antes.
- Non sintas presión por coñecer a alguén en persoa, queda con xente unicamente cando te sintas preparado/a.
- Tenta sempre falar primeiro coa outra persoa por teléfono.
- Cóntalle a algún amigo a onde tes pensado ir e pídelle que te chame por teléfono ou che mande unha mensaxe para ver que tal vai todo. Asegúrate de levares un teléfono móbil coa batería chea e con saldo, mantén informados aos teus amigos e avísaos cando chegues á casa.
- Planea a túa viaxe e pensa en como chegar e volver do sitio no que quedastes. Non quedes na súa casa nin na túa e non lle deas o teu enderezo até que vos coñezades ben.
- Sempre é boa idea levar preparada unha excusa para marchar se non te sintes moi cómodo/a durante o encontro. Así podes irte rápido e sen dar moitas explicacións.
- A primeira vez queda nun sitio público e transitado durante o día e non bebas moito antes nin despois do encontro. Asegúrate tamén de non perderes de vista as túas bebidas nin as túas pertenzas en ningún momento.