En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Denuncia de perfís

  1. Como podo denunciar un comportamento abusivo?
    Se alguén ten un comportamento ou linguaxe abusivo contra ti, por favor, comunícanolo facendo clic na icona dos tres puntos que verás na esquina superior dereita da súa páxina de perfil. Selecciona "Bloquear ou Denunciar" e escolle a razón.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Onde podo denunciar unha foto desapropiada?
    Revisamos tódalas fotos que son subidas a Fiesta, pero algunha vez pode escaparse algunha foto desapropiada. Se atopas unha foto falsa ou desapropiada en Encontros, notifícanolo facendo clic na icona da bandeira que verás na parte de abaixo de cada foto, e selecciona a razón pola que decidiches denunciala. Se ves unha foto desapropiada fóra do xogo de Encontros, denúnciaa facendo clic na icona dos tres puntos que verás na esquina superior dereita da páxina do perfil desa persoa. Selecciona entón "Bloquear e Denunciar" e elixe a razón apropiada.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como podo denunciar un perfil falso?
    Se alguén creou un perfil cos teus datos, por favor, contacta co noso Equipo de atención ao usuario e envíano-la ligazón da conta que está empregando tus datos.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Como podo denunciar unha foto roubada?
    Se a túa foto está sendo empregada sen o teu consentimento e non es usuario de Fiesta, por favor, contacta co noso Equipo de soporte e envíano-la ligazón da conta que está empregando a túa foto.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non