En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Álbums

Os álbums permítenche amosa-la túa visión do mundo. É onde poderás deixar fluí-la túa imaxinación en Fiesta. Ofrecémosche as últimas ferramentas para presentar e comparti-la túa vida cotiá co resto de usuarios. Bota unha ollada a esta sección para aprender a crea-los teus propios álbums.

  1. Como engado fotos ao meu perfil?

    Para engadir unha foto ao teu perfil, simplemente vai ao teu perfil e fai clic en "Engadir fotos" . Poderás elexir se queres subi-las túas fotos dende Facebook, Instagram, Google +, ou se desexas subila dende o teu ordenador. Ten en conta que o formato da foto debe ser JPG ou PNG e o límite de tamaño é 128 MB.

    Agora tamén podes engadir vídeos! Fai clic en "Engadir vídeos" na túa páxina de perfil e comeza a amosa-los teus vídeos.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Como podo eliminar unha foto ou vídeo?
    Pasa o cursor por encima da foto que queiras eliminar, fai clic sobre a icona e selecciona "Eliminar Foto" do menú desplegábel. Tamén podes abri-la foto a tamaño completo, facer clic en na icona debaixo da foto e seleccionar "Eliminar foto".
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como podo muda-la miña foto de perfil?
    Abre a galería dende o teu perfil, pasa o cursor sobre a túa foto favorita e vera-la icona dunha foto Simplemente fai clic sobre ela para convertila na túa foto de perfil.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Como podo rota-las miñas fotos?
    Lamentabelmente, de momento non é posíbel rota-las túas fotos na nosa web. Pedímosche por favor que as edites antes de subilas ao teu perfil.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Como podo eliminar unha foto enviada nunha parola?

    Desafortunadamente, se úsa-la aplicación para móbil non é posíbel eliminar unha foto enviada nunha conversa. Porén, poderás facelo dende a web no teu ordenador. Só tes que pasa-lo cursor sobre a foto, facer clic sobre a icona da papeleira e despois sobre "Eliminar".

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  6. De que tipo de arquivo e de que tamaño deben se-las fotos para seren aceptadas?
    Aceptamos arquivos con formato JPG, PNG, AVI e MPEG cun límite de tamaño de 128MB para as fotos. As súas dimensións deben ser de polo menos 200 x 200 píxeles.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  7. Podo elimina-la marca de auga da miña foto?
    Lamentabelmente, non é posíbel elimina-la marca de auga das túas fotos.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  8. Como podo enviar unha foto na parola?
    Se queres enviar unha foto a outro usuario, simplemente fai clic na icona da cámara que verás na parola. Entón elixe a foto que queiras enviar de entre as que xa enviaches no pasado ou fai clic en "Engadir foto" para enviar unha nova.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  9. Por que se moderaron as miñas fotos?

    Se a túa foto fai moderada, é posíbel que se deba a algún dos seguintes motivos:

    1. Subiches unha foto con contido erótico.
    2. Subíche-la foto de alguén menor de 18 anos.
    3. A túa faciana non se ve o suficientemente ben nas fotos en miniatura ou previsualizacións. Isto pode ser porque é demasiado pequena, a calidade demasiado baixa ou a túa faciana non se ve claramente debido á cantidade de filtros
    4. A túa foto contén unha marca de auga.
    5. As túas fotos conteñen texto.
    6. As túas fotos pertencen a unha celebridade.

    Podes atopar máis información sobre as nosas Normas da comunidade aquí: Normas

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  10. Que fotos non están permitidas?

    Tódalas fotos ou vídeos que engadas deben estar suxeitos ás nosas Condicións de Uso e Normas da Comunidade ou do contrario serán eliminados. Lembra que está prohibido roubar fotos doutros usuarios. En caso de non cumprir coas nosas Condicións de uso ou Normas da comunidade, verémonos forzados a elimina-la túa conta.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non