En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Verificación do perfil

  1. Como podo verifica-lo meu perfil con foto?

    Verifica-lo teu perfil axúdache a demostrar aos demais usuarios que es unha persoa real, facendo que sexa máis sinxelo facer amizades e conseguir conexións.

    Para verificar, simplemente visita o teu perfil e vai a "Verificar perfil" ou preme na etiqueta de verificación  de dun perfil doutro usuario para inicia-lo proceso de verificación por foto. Despois, pediráseche que te saques un selfie facendo un xesto que coincida co que se che amosará na pantalla.  

    En poucos minutos, o noso equipo de moderadores revisará a túa solicitude e aceptará o rexeitará a túa foto. Unha vez que sexa aceptada, aparecerá no teu perfil unha chapa de verificación ao lado do teu nome para amosar á comunidade de Fiesta que es un usuario verificado.  

    Por que se me pide que verifique o meu perfil con foto? 

    En Fiesta estamos decididos a rematar cos perfís falsos, por iso introducimos a verificación por foto. Xunto cos outros métodos de verificación, axudaranos a rematar cos perfís falsos dunha vez por todas.

    Se se che pediu que verifiques o teu perfil, terás que completar este proceso para poder continuar usando Fiesta. Só che levará un par de minutos e é tan sinxelo coma segui-las instrucións que che aparecerán na pantalla. Non poderás usar fotos que xa se atopan na túa galería; precisas sacarte unha foto nova para pasa-la verificación.

    Acto seguido usaremos unha combinación de recursos automáticos e humanos para verificar que es unha persona real e que as túas fotos coinciden coa foto de verificación. Tamén usaremos este proceso para comprobar que tes máis de 18 anos. E non te preocupes, esta foto non aparecerá no teu perfil, polo que ninguén que visite o teu perfil poderá vela.

    Atoparás máis información sobre como almacenamos e procesamos a túa información de verificación na nosa Política de privacidade

    Se tes calquera problema durante o proceso, non dubides en pedir axuda ao noso Equipo de atención ao usuario.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Como podo verifica-lo meu perfil?

    Verifica-lo teu perfil axúdache a indicar ao resto de usuarios que es unha persona real, desta maneira serache máis doado coñeceres xente nova.

    Para verifica-lo teu perfil, só tes que ir á sección de "Verificacións" que atoparás na túa páxina de perfil, alí poderás verificalo cunha foto túa.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como funciona a verificación con foto?

    Para verifica-lo teu perfil cunha foto, sigue estas simples instrucións:

    • - Vai ao teu perfil.
    • - Diríxete á sección de "Verificacións" e preme en "Foto".
    • -Selecciona "Facer unha foto" na xanela que aparecerá e dá acceso á túa cámara.
    • - Toma unha foto co mesmo xesto que che amosamos no exemplo.
    • - Preme en "Enviar" se estás conforme coa foto ou en "Facer outra foto" se cres que o xesto non é abondo claro.

    Asegúrate de que a túa faciana é visíbel na imaxe e que reprodúce-lo xesto que che propoñemos. Non te preocupes, xa que esta foto non será visíble para outros usuarios nin aparecerá no teu perfil.

    Se tes problemas usando o navegador Safari, recomendámosche que probes con outro diferente como Firefox ou Google Chrome.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Por que se rexeitou a miña foto de verificación?
    Estas son algunhas das razóns polas que a túa foto de verificación puido ser rexeitada:
    • - A túa faciana non é claramente visíbel na foto.
    • - Non aparece o xesto completo.
    • - A foto é demasiado escura, clara ou borrosa.
    • - O xesto non concorda co que che amosamos no noso exemplo.
    Por favor, ponte en contacto co noso Equipo de atención ao usuario se non consigues pasa-la verificación por foto e non se debe a ningún dos motivos citados anteriormente.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Non teño cámara web para verifica-lo meu perfil con foto. Que podo facer?
    Non te preocupes! Se non tes cámara web, podes acceder ao teu perfil dende o teléfono e emprega-la cámara deste. Se non tes cámara no teléfono, podes pedirlla a un amigo ou ir a un cibercafé para completa-la verificación.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  6. Por que teño que confirma-la miña información cando tento acceder?

    A seguridade dos nosos usuarios é moi importante para nós polo que podemos pedirche que confirmes algúns dos teus detalles. Non tes de que preocuparte; só che pediremos que confírme-la información que xa engadiches no pasado.

    • - Se te chamamos, pedirémosche que introduzas un número nos espazos que aparecerán na túa pantalla; simplemente introduce os catro últimos díxitos do número dende o que te chamamos.
    • - Se che pedimos que confírme-lo teu enderezo de correo electrónico ou número de teléfono, só terás que introducilo. Non é preciso que teñas acceso aos mesmos, só se che pedirá que os introduzas.
    • -Se che pedimos o teu contrasinal, pero non o lembras, fai clic no botón de "Contrasinal esquecido" e sigue as instrucións que che enviaremos ao teu correo.

    Se tes algún problema ao intentar confirma-la túa información, ponte en contacto co noso Equipo de soporte para que che axuden.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  7. Por que me aparece a mensaxe "Número de teléfono inválido" cando intento verifica-lo meu teléfono?
    Antes de nada, asegúrate de que estás introducindo o número de teléfono e o prefixo do país correctamente. Se segues sen poder verifica-lo teu número de teléfono, ponte en contacto co noso Equipo de atención ao usuario para que che axudemos.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  8. Que significa o sinal de visto de cor azul xunto a un nome de usuario?
    O sinal de visto azul sobre fondo branco indica que esa persoa verificou o seu perfil con polo menos dous métodos diferentes. Se o usuario ten un sinal branco nun fondo azul xunto ao seu nome, significa que este usuario verificou o seu perfil con foto e polo menos outro método máis.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  9. Por que me pedides que engada unha conta de rede social cando intento entrar ao meu perfil?
    Non te preocupes! Se che pedimos que engáda-la conta dunha rede social ao teu perfil é porque queremos asegurarnos de que realmente e-lo dono do mesmo. Só tes que verificar de novo o perfil coa conta que xa tiñas vinculada ao teu perfil. Se tes algún problema, ponte en contacto co noso Equipo de atención ao usuario para que che axudemos.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non