En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Encontros

'Encontros' reflicte a esencia de Fiesta: coñecer xente nova, pasar un bo anaco e esperar o inesperado. É emocionante e está cheo de posibilidades. Próbao!

  1. Que pasa cando envío un sorriso a outro usuario?

    Comezar conversas pode ser difícil, pero enviar un sorriso é doado! Por iso creámo-la opción de enviar un sorriso, para axudar a que as cousas se poñan en marcha. Cando préme-lo botón, enviamos unha mensaxe curta presentándote ante a túa nova conexión.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Que é Encontros?

    Encontros é unha das pezas fundamentais de Fiesta. Nesta sección amosarémo-las túas fotos a aqueles usuarios que comparten os teus mesmos intereses e ti decides se queres coñecelos. Simplemente selecciona o teu criterio de procura , bota unha ollada aos usuarios que che amosamos e decide quen che gosta.

    Podes facer que o teu perfil apareza máis veces no xogo de Encontros cando outros usuarios de Fiesta o están utilizando. Só tes que mercar Créditos
    e ver como aumenta a túa popularidade.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como podo saber a quen lle gosto?
    Na sección "Góstolles" poderás ver aos usuarios que votaron "Si" cando te viron en Encontros. Para poder acceder á sección "Góstolles" só tes que activar Fiesta Premium.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Onde podo ve-las miñas Conexións?

    As túas Conexións son aqueles usuarios que te votaron cun "Si" e polos que ti votáche-lo mesmo en Encontros. Podes acceder aos seus perfís directamente dende a sección de Mensaxes para comezar a falar con eles e facervos amigos. Para poder distinguir entre Conexións e mensaxes doutros usuarios cos cales non a teñas aínda, as Conexións terán unha icona dun corazón ao lado .

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Que é a función Frechazo?

    Enviando un Frechazo farás saber a outros usuarios canto che gostaron. Para iso, debes premer na icona que verás xunto á súa foto en Encontros.

    Cando envíes un Frechazo, o outro usuario poderá ve-lo teu perfil directamente. Lembra que podes usar Créditos para enviar tantos Frechazos coma desexes. Os Frechazos non poden desfacerse.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non