Configuración e privacidade
Un dos factores máis importantes ao gozar do teu tempo aquí en Fiesta, é te-la túa conta configurada como a ti che gosta. Aquí explicarémosche como podes modifica-la túa conta.
-
Para denunciar un anuncio, selecciona a icona AdChoices na esquina superior do anuncio. Deseguido, pediráseche que escollas un motivo da listaxe.
Se non está dispoñíbel ou se precisas máis axuda, ponte en contacto connosco directamente para chama-la nosa atención sobre o anuncio desapropiado.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Se non queres usa-la túa conta durante unha tempada, tes á opción de agochala. Cando a túa conta está agochada, non apareces en Xente preto ou en Encontros. Aqueles usuarios cos que xa estiveras en contacto poderán seguir enviándoche mensaxes, pero non poderás velos até que non reactíve-la túa conta.
Se queres oculta-la túa conta, vai á sección de "Configuración" e selecciona "Eliminar conta". Deseguido, na parte de abaixo da pantalla selecciona a opción "Agochar conta". Cando confírme-la acción, a túa sesión cerrarase. Para poder le-las túas mensaxes, ver a outros usuarios en Xente preto ou ou en Encontros, terás que iniciar sesión de novo e reactiva-lo teu perfil.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Para entrar na versión web, fai clic en Entra na parte superior dereita da páxina de inicio. Escribe o teu enderezo de correo electrónico e o teu contrasinal e fai clic en "Entrar".
Se aínda non creaches unha conta, poderás facelo facendo clic en "Rexístrate aquí" na parte superior da pantalla de regxistro.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Na Páxina de rexistro, fai clic na icona de Google, Facebook ou MSN na parte dereita da pantalla e introduce os teus detalles de acceso. Esta sección pode incluír tamén outros servizos en liña específicos do teu país.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Todo o mundo se esqueceu dun ou dous contrasinais, pero non te amoles, ten fácil solución. Só tes que facer clic na ligazón Esquecíche-lo teu contrasinal? que atoparás na páxina de Entrar e segui-las instrucións para cambialo.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Se te rexistraches cun correo e non recibíche-lo correo de confirmación, pediráseche que completes o rexistro. Para facelo, selecciona "Non recibíche-lo correo?" para revisa a páxina de confirmación de correo electrónico de Fiesta e comprobar que introducíche-lo enderezo de correo electrónico correcto ou correxilo se é erróneo. Se non funciona, procura na túa papeleira ou correo no desexado o correo de confirmación. Se atópa-lo correo aí, lembra movelo á caixa de entrada e márcao como correo desexado.
Tamén poderás Entrar a Fiesta usando Facebook, Google, Yahoo o MSN.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Vai á "Configuración" do teu perfil e fai clic na icona do lapis que verás xunto a "Información Básica". Insire o teu novo nome e fai clic en "Gardar" para confirma-lo cambio.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Vai á sección de "Configuración¨ do teu perfil e fai clic na icona do lapis que verás xunto á sección "Conta". Introduce o teu novo enderezo de correo electrónico e fai clic en "Gardar". Pediráseche que introdúza-lo teu contrasinal para confirmar esta acción.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Abre a túa páxina de perfil e vai á sección de "Configuración" na esquina superior dereita e fai clic na icona do lapis que verás xunto á sección "Conta". Introduce o teu novo contrasinal e fai clic en "Gardar". Deseguido pedirémosche que introdúza-lo teu contrasinal antigo e que fagas clic de novo en "Gardar" para confirmar esta acción.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
En primeiro lugar, asegúrate de que introducíche-lo enderezo de correo electrónico correcto. Se é o correcto, comproba a túa caixa de correo non desexado. En caso de encontralo alí, sigue as instrucións e lembra marcalo como "Non spam".
Ponte en contacto co noso Equipo de atención ao usuario se tes algún problema para localiza-lo correo ou recupera-lo teu contrasinal.Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Depende totalmente de ti! Na sección "Privacidade" do menú de "Configuración" poderás seleccionar que calquera persoa poida ve-lo teu perfil ou só os usuarios de Fiesta.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - En "Configuración de pagamentos" poderás xestiona-lo teu método de pagamento e a Recarga automática, ve-lo teu saldo de Créditos, recargar Créditos e cancelar Fiesta Premium. Dende aquí tamén poderás desvincula-las tarxetas de crédito ou contas de PayPal que teñas rexistradas no teu perfil. Para chegar aquí, abre a túa páxina de perfil, fai clic na icona da roda na esquina superior dereita e baixa até chegar a "Configuración de Pagamentos"
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Cambia-la configuración da localización do teu navegador permitiranos ve-la túa localización aproximada para que poidamos axudarche a atopar xente na túa zona. Non te preocupes, non lle diremos a ninguén onde estás exactamente, só o preto que te atopas, e non compartiremos esta información con ninguén máis.
A forma de muda-la configuración depende do navegador que uses:
Internet Explorer
1. Abre o menú Ferramentas
2. Fai clic en Opcións de Internet
3. Fai clic en Privacidade
4. Desactiva a opción "Nunca permita que os sitios web soliciten a súa localización física".
Google Chrome
1. Vai a Configuración
2. Fai clic en Amosar opcións avanzadas
3. En Privacidade, fai clic en Configuración de contido
4. En Localización selecciona "Preguntarme cando un sitio intente facer un seguimento da miña localización física".
Firefox
1. Na barra de enderezos, escribe about:config
2. Na páxina seguinte, escribe geo.enabled no cadro de procura
3. Fai doble clic na preferencia geo.enabled
4. Agora debería dicir ¨enabled¨
Safari
1. Vai ao menú de Safari
2. Fai clic en Preferencias
3. Fai clic en Seguridade
4. Elixe "Preguntar unha soa vez para cada sitio web"Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Se de verdade queres elimina-lo teu perfil de Fiesta, simplemente accede á túa conta, fai clic na icona da roda e vai á sección de "Axustes" na esquina superior dereita da túa páxina de perfil. Baixa até o fin da páxina, fai clic en "Eliminar conta" e sigue as instrucións. Se tes problemas para inicia-la sesión na túa conta, podes restaura-lo teu contrasinal en esta páxina. Se non podes atopa-lo correo na túa caixa de entrada, mira na de correo non desexado. Se tes algún problema ao tratar de elimina-lo teu perfil, ponte en contacto co noso Equipo de soporte para que che axuden.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - O Modo invisíbel é unha función premium que che permite visitar perfís de Fiesta sen que ninguén saiba quen es. Podes activar esta opción en "Configuración", baixando até "Modo invisíbel" e activando Fiesta Premium. Cando actives este modo, aparecerá unha silueta gris dun home con sombreiro na túa foto en miniatura.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Podes facer axustes na túa privacidade dende a sección de "Configuración" . Hai opcións dispoñíbeis para controlar quen pode ve-lo teu perfil, amosa-la distancia á que vos atopades, ou elexir se queres amosa-lo teu estado en liña. Tamén poderás decidir se queres que se amose o teu perfil unicamente a usuarios que che gostaran ou permitir que se atope o teu perfil a través do teu enderezo de correo electrónico.
Para coñecer máis detalles sobre a túa privacidade, visita a nosa sección Politicas de Privacidade.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Por suposto! Abre o teu perfil na web e fai clic na icona da roda na esquina superior dereita para abrir-la sección de "Configuración" e baixa até "Notificacións". Facendo clic na icona do lápis poderás facer trocos nas túas preferencias de notificacións.
Poderás desactiva-los avisos que non queiras recibir por correo no navegador (sen incluí-los correos corporativos). Podes reactivalos en calquera momento.
Asegúrate de darlle a "Gardar" para non perde-los teus trocos!
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Temos unha función que permite atopa-las túas amizades en Fiesta importando os contactos da túa conta de correo electrónico. Estes convites só se envían se compárte-la libreta de enderezos con Fiesta e envías convites a amizades que aínda non se uniron.
Non te preocupes! Cando importas os teus contactos sempre podes seleccionar a quen non envia-lo convite para engadir como amizade en Fiesta.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Alédanos que queiras volver!
Se elimináche-la túa conta fai menos de 28 días, deberías ter un correo de confirmación noso que inclúe unha ligazón de reactivación. Fai clic nela e poderás volver de novo.
Se pasou máis tempo, terás que crear un novo perfil (pode ser un bo momento para dáreslle un toque diferente se queres).
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Abre a sección de Configuración facendo clic na icona da roda na esquina superior dereitaa da túa páxina de perfil. Despois baixa até a sección Configuración de pagamentos e fai clic nela para editar. Deste modo poderás desvincula-la forma de pagamento previamente establecida.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Se recibiches un cobro de novo e non estás seguro do motivo, revisa se tes unha subscrición a Fiesta Premium ou a función de Recarga automática de Créditos activada.
Para cancela-la túa subscrición a Fiesta Premium feita a través de iTunes, vai á configuración do teu iPhone ou iPad e escolle "iTunes e App Store". Preme entón no teu Apple ID e "Ver ID de Apple". Introduce o teu contrasinal e baixa até a sección de subscricións. Aí deberás premer "Xestionar" e elexir Fiesta Premium para cancela-la renovación automática.
Se queres cancelar unha subscrición a Fiesta Premium feita a través de Google Play, abre a Google Play Store no teu teléfono, preme a app de Fiesta, e preme en "Cancelar".
Se a túa subscrición a Fiesta Premium foi realizada con tarxeta de crédito ou PayPal, visita a páxina web para cancela-la subscrición dende a "Configuración de pagamentos".
Para cancelar unha subscrición feita con SMS, sigue as instrucións que recibiches na mensaxe de confirmación ou calquera das de renovación.
Se queres desactiva-la Recarga automática de Créditos, vai á "Configuración" do teu perfil e despois á sección de "Configuración de pagamentos" para desactivala. Se usas un iPhone, por favor, accede á versión web de Fiesta e vai á sección de "Configuración de pagamentos" para desactivala dende aquí.
Se tes algunha dúbida en relación aos pagamentos, ponte en contacto co noso Equipo de Atención ao Usuario a través do noso formulario.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos.