Sobre Fiesta
Que é Fiesta? Que fago aquí? Onde estou? Atopa aquí a resposta ás túas dúbidas existenciais.
-
O maior cambio que fixemos está no xeito no que abordamos todo o que facemos.
Anuncia-lo cambio é só o principio para nós, agardamos que che gostasen o novo logo, as cores e os anuncios que lanzamos.
Este cambio realizarase en distintas fases. Primeiro, actualizando o noso deseño. Segundo, engadindo novas funcións. Terceiro... quen sabe?
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Fiesta é o sitio para coñecer xente de forma honesta.
Nunha sociedade que saca proveito das nosas dúbidas, Fiesta é a app de dating online onde se valora o ser real, xenuíno. Combatímo-la ambigüidade das citas modernas con conversas auténticas e sen filtros. Cremos que as conexións de verdade nacen ao dicir honestamente quen es e o que queres.
Facemos que as redes sociais cobren vida permitíndoche parolar e conectar con persoas cos mesmos intereses ca ti, atopar conexións auténticas preto de ti e coñecer persoas ás que lles guostes por ser tal e como es. Tamén podes facer videollamadas en calquera momento e lugar.
Somos moito máis ca unha app de dating!
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Fiesta está deseñado para ser empregado de maneira fácil e intuitiva, pero entendemos que os usuarios novos coma ti precisen un pouquiño de axuda para non perderse.
Cando te rexistras por primeira vez, debes asegurarte de subir unha boa foto túa e escribir un pouco sobre ti para amosares aos outros usuarios quen es.
En canto crée-lo teu perfil, podes probar Encontros , que é a alma de Fiesta. Simplemente escorrega para votar "Si" ou "Non" a outros usuarios, e se ambos votades "Si", fórmase unha Conexión e podedes comezar a parolar! Asegúrate de que configuraches correctamente a sección "Quero".
Xente preto é a sección na que poderás ver perfís de xente da túa cidade ou rexión.
Podes utilizar Fiesta de maneira gratuíta, pero se queres destacar entre todo o mundo, bota unha ollada aos nosos servizos premium: Créditos e Fiesta Premium.
Esperamos que goces da túa experiencia Fiesta!
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Só unhas poucas! Antes de nada, xoga limpo. Queremos que teñas unha experiencia agradábel e que poidas expresarte da mellor maneira posíbel, pero se outros usuarios se queixan do teu comportamento, tomarémo-las medidas oportunas.
Ademais, calquera contido que subas ao teu perfil de Fiesta debe axustarse ás Condicións de Uso e non violar ningún dereito de autor. Calquera material pornográfico ou ofensivo será eliminado e podería resultar na eliminación da túa conta de Fiesta.
Para máis información, consulta os seguintes apartados: Normas da comunidade, Condicións de uso, e Política de privacidade.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. -
Fiesta é completamente de balde! Isto permíteche crear un perfil de usuario, engadi-las túas fotos e vídeos, procurar xente na túa zona ou parolar con novos usuarios cada día.
Tómaste en serio o de coñecer xente de forma honesta? Fiesta Premium é para ti. Poderás acceder a uhna serie de funcionalidades para sacarlle o máximo partido á nuestra app.
Fai clic naquelas que che interesan, como Ponme primeiro , Destacados ou Fiesta Premium para ve-las condicións e custos.Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos.