En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Preguntas frecuentes

  1. Como funciona Fiesta?

    Fiesta está deseñado para ser empregado de maneira fácil e intuitiva, pero entendemos que os usuarios novos coma ti precisen un pouquiño de axuda para non perderse.

    Cando te rexistras por primeira vez, debes asegurarte de subir unha boa foto túa e escribir un pouco sobre ti para amosares aos outros usuarios quen es.

    En canto crée-lo teu perfil, podes probar Encontros , que é a alma de Fiesta. Simplemente escorrega para votar "Si" ou "Non" a outros usuarios, e se ambos votades "Si", fórmase unha Conexión e podedes comezar a parolar! Asegúrate de que configuraches correctamente a sección "Quero".

    Xente preto é a sección na que poderás ver perfís de xente da túa cidade ou rexión.

    Podes utilizar Fiesta de maneira gratuíta, pero se queres destacar entre todo o mundo, bota unha ollada aos nosos servizos premium: Créditos e Fiesta Premium.

    Esperamos que goces da túa experiencia Fiesta!

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Como podo muda-la miña localización?

    No teu perfil, simplemente fai clic sobre xunto á túa localización actual e insire unha nova localización ou selecciona unha das opcións do menú desplegábel.

    Se non podes ve-lo ao tentar modifica-la túa localización, é posíbel que se deba a un dos seguintes motivos:

    • - Estás empregando a aplicación e a páxina web ao mesmo tempo e a túa localización está sendo detectada de forma automática polo GPS do teu dispositivo móbil e non pode ser modificada.
    • - Non empréga-la aplicación e os servizos de localización do teu navegador non nos están facilitando as coordenadas correctas. Simplemente tes que desactiva-los servizos de localización no teu navegador e seleccionar de forma manual a localización no teu perfil.

    Contacta co noso Equipo de soporte se tes algún problema coa túa localización cando úsa-la nosa aplicación móbil.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como mudo o meu contrasinal?
    Abre a túa páxina de perfil e vai á sección de "Configuración" na esquina superior dereita e fai clic na icona do lapis que verás xunto á sección "Conta". Introduce o teu novo contrasinal e fai clic en "Gardar". Deseguido pedirémosche que introdúza-lo teu contrasinal antigo e que fagas clic de novo en "Gardar" para confirmar esta acción.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Esquecín o meu contrasinal, que podo facer?
    Só tes que facer clic na ligazón Esquecíche-lo contrasinal? que atoparás na páxina de Entrar e segui-las instrucións para muda-lo teu contrasinal.
    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Como podo recupera-la miña conta se a borrei?

    Alédanos que queiras volver!

    Se elimináche-la túa conta fai menos de 28 días, deberías ter un correo de confirmación noso que inclúe unha ligazón de reactivación. Fai clic nela e poderás volver de novo.

    Se pasou máis tempo, terás que crear un novo perfil (pode ser un bo momento para dáreslle un toque diferente se queres).

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  6. Guía de localización e resolución de problemas

    Se estás experimentando algún problema en Fiesta, é posíbel que se deba a algún fallo temporal na nosa páxina.

    Por favor, sigue os seguintes pasos para tentar resolve-lo problema:

    1. Asegúrate de que estás empregando a última actualización do teu navegador e actualízaa si fose necesario

    2. Elimina os arquivos temporais e o historial do teu navegador

    3. Pecha e volve a abri-lo teu navegador

    4. Desconéctate e volve a iniciar sesión

    Se ningún dos pasos anteriores funciona, proba o seguinte:

    • - Comproba a mesma páxina dende un navegador distinto para asegurarte de que o problema non é co navegador en cuestión
    • - Desactiva os plug-ins, add-ons e extensións que teñas no teu navegador.
    • - Engade https://heyfiesta.com/ no teu programa antivirus ou listaxe de sitios seguros e asegúrate de que o teu antivirus non detecte ningún problema co teu sistema operativo.

    Se non sabes como realizar un dos pasos anteriores, accede ao Centro de axuda do teu navegador para ve-las instrucións.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  7. Como podo contactar co Equipo atención ao usuario?

    Se tes calquera pregunta e non atópa-la resposta, podes contactar connosco enFacebook ou Twitter. Tamén podes mandarnos un correo a través do noso Formulario de contacto!

    Resultouche útil a resposta? Si - Non