Fiesta é o lugar ideal para crear conexións auténticas. É un espazo no que todo o mundo poida amosarse tal e como é e dicir con claridade o que está procurando.
Queremos que todos gocen da súa experiencia en Fiesta e que empreguen a nosa plataforma de xeito seguro e responsábel. Millóns de persoas en todo o mundo confían en nós para manter un espazo seguro e fiábel para facer conexións. Creamos estas normas da comunidade para darche unha idea de que comportamento é aceptábel e cal non na nosa plataforma.
As nosas políticas desenvólvense coa axuda da nosa comunidade e o compromiso do noso persoal de manter un espazo seguro para facer conexións.
Estamos comprometidos a revisa-las nosas políticas de xeito continuo para que reflictan e representen con precisión a diversidade dos nosos membros e se manteñan ao día cos cambios que se dan no mundo.
Fiesta é unha plataforma só para adultos. Isto significa que debes ter 18 anos ou máis para unirte á plataforma. Se atopamos algunha evidencia de que poderías ser menor de idade, bloquearémoste do servizo. Se o fiexemos por erro, reservámono-lo dereito a solicitar unha identificación para verifica-la túa idade.
Entendemos que a algúns membros lles gostaría incluír cativos nas súas fotografías. Pedimos que os cativos non aparezan sós nas imaxes e estean completamente vestidos. Isto é máis seguro para tódolos involucrados.
En resumo:
Cando te unes a Fiesta, agardamos que te amoses a ti mesmo con honestidade. Iso significa que debes: usa-lo nome que usas na vida real, usar só fotos reais, non terxiversa-la túa identidade nin facerte pasar por outra persoa, nin alterar ningunha información sobre ti mesmo.
Isto inclúe:
Somos unha comunidade moi diversa. Isto significa que sempre debes respecta-las crenzas, os intereses e a identidade doutras persoas. Fiesta adopta unha postura firme contra o discurso de odio e a discriminación.
Consideramos que o contido é discurso de odio (e tomamos accións máis severas contra un perfil) se promove ou aproba o racismo, a intolerancia, a violencia, o odio, a deshumanización ou o dano contra persoas ou grupos en función de:
Isto inclúe:
En Fiesta, aínda que queremos que te expreses tal e como es cunha conexión potencial, non debes facelo dun xeito que poida facer que esa persoa se sinta incómoda ou atacada.
Isto inclúe:
Non estafar aos membros de Fiesta nin enganalos de ningún xeito para obter beneficios económicos.
Isto inclúe:
Considerámo-lo spam como a práctica de enviar mensaxes non desexadas con frecuencia co propósito de publicidade comercial, razóns non comerciais ou calquera propósito prohibido.
Isto inclúe:
Fiesta non é un mercado. Non se permite o uso de Fiesta con fins comerciais. Isto inclúe publicidade ou promoción dun evento teu, negocio, música ou actuación. A solicitud tamén está estrictamente prohibida, é dicir, o acto de pedir ou tratar de obter algo de alguén ou pedirlle a unha persoa que cometa un acto ilegal.
Isto inclúe:
Para que Fiesta sexa un lugar no que todos poidan gozar, non permitimos que os membros teñan contas múltiples.
Isto inclúe:
Non é posíbel crear unha conta de grupo, con parellas ou amigos. Fiesta é un lugar para que os membros se amosen a sí mesmos de forma individual.
Empregamos unha combinación de sistemas automatizados e un equipo de moderadores para monitorear e revisar contas e mensaxes na procura de calquera contido que vulnere estas normas e as nosas Condicións de uso. Se non respectas estas normas e o Pacto de honestidade, tanto ao usares a aplicación como ao quedares con xente, podemos restrinxir o teu acceso a Fiesta ou eliminar a túa conta de Fiesta de forma permanente.