Antes de mandarnos unha mensaxe, proba coa nosa guía de solución de erros. A miúdo, un problema pode resolverse cuns clics.
1. Asegúrate de que estás empregando a versión máis recente do navegador. Se non é o caso, actualízao.
2. Limpa as cookies e a caché do teu navegador.
3. Cerra o navegador e ábreo de novo.
4. Desconéctate da túa conta e conéctate de novo.
Se o error persiste, sigue estes pasos:
1. Comproba se o erro se produce só nun navegador en concreto accedendo á mesma páxina noutro navegador. Se o erro ocorre en ámbolos navegadores, infórmanos.
2. Desactiva os plug-ins, add-ons e extensións temporais do teu navegador. Seguidamente, cerra o navegador e ábreo de novo.
3. Engade https://heyfiesta.com/ á listaxe de sitios web seguros do teu antivirus ou do teu navegador e asegúrate de que o teu antivirus non detectou ningún problema entroncado co teu sistema operativo.
Se non sabes exactamente como seguir algún dos pasos expostos anteriormente, consulta as instruccións na sección de Axuda do teu navegador.
1. Asegúrate de que estás empregando a versión máis recente da aplicación. Se non é o caso, actualízaa.
2. Se estás empregando a versión máis recente, comproba a túa conexión a Internet accedendo a www.Fiesta.com mediante a app do navegador do teu dispositivo.
3. Reinicia a app de Fiesta cerrándoa e relanzándoa seguidamente. Ao facelo, non te desconectas da app, senón que inicias unha nova sesión.
4. Borra a app de Fiesta e instálaa de novo. Para instalala de novo, accede é App Store do teu dispositivo e descárgaa.
5. Se ningunha destas solucións funciona, apaga e reinicia o teu dispositivo.
1. Asegúrate de que estás empregando a versión máis recente da aplicación. Se non é o caso, actualízaa.
2. Reinicia a app de Fiesta.
3. Desconéctate da túa conta e conéctate de novo.
4. Comproba que a túa conexión a Internet funciona correctamente visitando un sitio web, como www.google.com.
5. Apaga e reinicia o teu dispositivo.
6. Se o problema persiste, borra a app de Fiesta e instálaa de novo.
1. Reinicia o navegador do teu teléfono.
2. Desconéctate da túa conta e conéctate de novo.
3. Comproba que a túa conexión a Internet funciona correctamente visitando un sitio web, como www.google.com.
Se o problema persiste, borra a información almacenada no navegador do teu móvil seguindo estes pasos:
1. En iOS, vai a Axustes > Safari > Borrar historial e datos de sitios web.
2. En Android, vai a Apps > Internet > Menú > Axustes > Privacidade > Seguridade e borra a información.
3. Para rematar, reinicia o teu dispositivo.
Se o problema persiste, asegúrate de que a navegación privada está desactivada. Accede ao sitio web do fabricante para obter información sobre como desactiva-la navegación privada no teu dispositivo.